miércoles, 9 de diciembre de 2020

ANIVERSARIO NO SUPER 1ºB

Martín onte cumpriu 6 anos, así que hoxe recibiu os parabéns no cole. Amosounos algúns dos agasallos que recibiu, como o Dino Indominus Rex de Jurassic World e a Speed Fury de SuperThings. Estaba tan emocionado que nos contou moitas cousas destes xoguetes!. Tamén nos ensinou o seu libro sobre Fútbol, o seu deporte favorito e, finalmente un par de coches Hot Wheels que é co que máis lle gusta xogar. Xa que este foi o último aniversario do ano 2020 na nosa aula, Martín deulle con todas as súas forzas ao espeto para que o globo do seu sexto aniversario escachara en mil  anacos!!


PARABÉNS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario