miércoles, 10 de noviembre de 2021

"LINGUA DE SIGNOS" NAS AULAS DE 2º

Hoxe tivemos a visita de Uxía, unha mestra de LSE ("Lengua de Signos Española"), que nos acercou un chisco máis á realidade do día a día das persoas con xordomudez. Días atrás, estivemos a investigar e informarnos acerca desta "Diversidade Funcional", descubrindo entre o noso alumnado que dous saben comunicarse e empregar LSE. Con Uxía practicamos nomes e palabras co alfabeto dactiolóxico, como saudar e aplaudir, como acercarnos a elas para comunicarnos, a importancia da profesión dos/das intérpretes... E todo isto, enmarcado dentro do noso proxecto de centro DiverCapacidade.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario