lunes, 15 de noviembre de 2021

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabetes, cumpríndose o primeiro centenario do descubrimento da insulina. Días atrás, nos supersegundos estivemos a investigar, coñecer e informarnos acerca desta enfermidade. A partir do seu logotipo, un círculo azul, cadaquén deixou voar a súa imaxinación e creatividade. Velaquí os resultados!





 

ANIVERSARIO EN 2ºB: PARABÉNS ÁNGELA!


 

miércoles, 10 de noviembre de 2021

"LINGUA DE SIGNOS" NAS AULAS DE 2º

Hoxe tivemos a visita de Uxía, unha mestra de LSE ("Lengua de Signos Española"), que nos acercou un chisco máis á realidade do día a día das persoas con xordomudez. Días atrás, estivemos a investigar e informarnos acerca desta "Diversidade Funcional", descubrindo entre o noso alumnado que dous saben comunicarse e empregar LSE. Con Uxía practicamos nomes e palabras co alfabeto dactiolóxico, como saudar e aplaudir, como acercarnos a elas para comunicarnos, a importancia da profesión dos/das intérpretes... E todo isto, enmarcado dentro do noso proxecto de centro DiverCapacidade.