viernes, 18 de junio de 2021

PROTAGONISTA EN 1ºB

Estamos a piques de rematar este curso e non queriamos que ninguén da aula quedase sen ser o/a protagonista por un día. Aínda que Luna estará de aniversario no mes de agosto, hoxe veu cargada de ilusións e bonecos na súa mochila. Contounos que o que máis lle gustan son os peluches e as bonecas, e que este osiño amoroso o herdou do seu irmán cando tiña dous aniños, e non se separa del ningunha noite. Tamén nos presentou á súa cadeliña Lulú. E, por suposto, non quixo quedar sen estoupar o globo.....BOOM!

QUE TEÑAS UN FELIZ ANIVERSARIO!

sábado, 12 de junio de 2021

SEMANA INTENSA EN 1ºE.P.

 Ao longo desta semana o alumnado do 1’ nivel de E.P. gozou dunha serie de actividades algo diferentes das habituais:


A través de videoconferencia tivemos a oportunidade de entrevistar a Maria M. Noya, escritora do conto “los mellizos Luna” o cal traballamos para conmemorar o día do medio ambiente. 



A nosa profe Euxe achegounos ao mundo da música, concretamente do clarinete, gozamos dun pequeno concerto e falounos da banda á que pertence: a artística de Merza.





Tamén recibimos  a visita dos dous adestradores de CD ARENTEIRO. Con eles decatámonos de que a través do futbol non so practicamos deporte, tamén aprendemos valores coma a responsabilidade e o compañerismo.




E xa por último visitáronnos as tres capitanas e os dous entrenadores do Ourense Envialia B, da 2ª división de fútbol sala femenino. Pasamos unha mañá moi agradable, falando da visibilidade da muller no deporte. 




Moitas grazas a todos e todas: María M. Noya, Euxe, Fran Justo, Millán Fernández, Carla, Inés, Nerea, Rubén Carballo e Rubén Méndez.


lunes, 7 de junio de 2021

ANIVERSARIO EN 1ºB

Hoxe cumpriu sete anos Roque e, para festexalo na aula, veu cargado cunha "megacaixa" que contiña varias cousiñas ...: unha harmónica, da que nos dixo que lle encanta o seu son, unha caixa de cromos de "Pokémon", que son os seus preferidos e un libro-maqueta dun foguete, para construír e con moita información sobre o tema do espazo que tanto lles gusta! Logo, presentounos a "Periquiña", o peluche que lle regalaron cando naceu e que lle fai compañía todas as noites. Finalmente estoupou o globo do seu sétimo aniversario.....BOOMMM!

MOITAS FELICIDADES ROQUE!