miércoles, 9 de diciembre de 2020

ANIVERSARIO EN 1ºC


 

ANIVERSARIO NO SUPER 1ºB

Martín onte cumpriu 6 anos, así que hoxe recibiu os parabéns no cole. Amosounos algúns dos agasallos que recibiu, como o Dino Indominus Rex de Jurassic World e a Speed Fury de SuperThings. Estaba tan emocionado que nos contou moitas cousas destes xoguetes!. Tamén nos ensinou o seu libro sobre Fútbol, o seu deporte favorito e, finalmente un par de coches Hot Wheels que é co que máis lle gusta xogar. Xa que este foi o último aniversario do ano 2020 na nosa aula, Martín deulle con todas as súas forzas ao espeto para que o globo do seu sexto aniversario escachara en mil  anacos!!


PARABÉNS!


viernes, 4 de diciembre de 2020

ANIVERSARIO EN 1ºB

Hoxe festexamos o aniversario de Jaime que cumpriu 6 anos. Amosounos aos seus superheroes favoritos, Spiderman e Iron Man, pero co que máis lle gusta xogar é cos playmobil. Tamén nos trouxo a Berto, a súa marioneta-manta á que lle ten un enorme agarimo, xa que lla regalaron cando era moi pequerrecho. Finalmente desfrutou estoupando o seu globo...BOOM!

MOITAS FELICIDADES JAIME!