lunes, 22 de marzo de 2021

ANIVERSARIO EN 1ºB

O pasado sábado foi o aniversario de Mencía e hoxe tocou celebralo no cole. Quixo ensinarnos algúns dos agasallos que recibiu, como o seu diario-tablet persoal con contrasinal, no que nos mostrou todas as cousiñas que pode facer con el. Tamén o microscopio que lle regalaron para converterse nunha gran científica e, sobre o que nos dixo, que só lle faltaba a bata para comezar as súas investigacións. Presentounos a Leo, o seu canciño de peluche, teno desde moi cativiña e cada vez que o ve no seu cuarto dálle moitísima felicidade. Finalmente, con moitas ganas estoupou o globo dos sete anos que acaba de cumprir.

MOITAS FELICIDADES MENCÍA!


martes, 16 de marzo de 2021

ANIVERSARIO EN 1ºB

Hoxe no super primeiro B foi o día de Zaira que cumpriu sete anos. Para celebralo quixo ensinarnos algunhas das súas cousiñas favoritas. Do seu peluche-cervo, "Bubu", contounos que o ten desde os dous aniños e que non se separa del polas noites. Que apertando o boneco de slime se relaxa moito e, que agora que xa sabe ler moi ben, vai comezar o libro das Enchantimals porque xa hai dous anos que llo regalaron. Para rematar non faltou o estourado do globo do seu aniversario....boommmm!

PARABÉNS ZAIRA!


lunes, 8 de marzo de 2021

8m: Inge Lehmann

ANIVERSARIO EN 1ºB

O sábado Noha estivo de aniversario e hoxe festexámolo no cole. Trouxo un dos agasallos que recibiu, unha cadeliña-peluche que ademais é un bolso. Que ben lle campa! Contounos cousiñas...., como que viña acompañada dun diario e que é importante para ela porque lla regalou a súa mellor amiga. Rematou o seu día rebentando o globo en mil anacos!

MOITAS FELICIDADES NOHA!


miércoles, 3 de marzo de 2021

ANIVERSARIO EN 1ºB

No superprimeiro B hoxe estivo de aniversario Sara... 7 aniños! Para celebralo trouxo unha morea de cousiñas que nos quixo ensinar: o seu osiño de peluche favorito, que o ten desde que tiña un ano, a súa figuriña de Minnie Mouse, que é tan coqueta coma ela, o seu diario con combinación secreta, no que escribe e debuxa moitas das súas aventuras reais e imaxinarias e unhas fotografías co seu super curmán David e co can deste, Simba. Para rematar o seu día non podía faltar a estoupada do seu globo....BOOMMMM.

PARABÉNS SARA!