viernes, 29 de enero de 2021

PROPOSTAS PARA O LECER

 SON TEMPOS DE QUEDAR NA CASA... 
E XA VAN MOITOS MESES.
ESTAMOS CANSOS E EN OCASIÓNS FALTOS DE IDEAS!!! 
SODES MOITOS OS QUE PEDIDES QUE VOS FAGAMOS RECOMENDACIÓNS PARA O TEMPO DE LECER NA CASA, E COMO OS VOSOS DESEXOS SON ORDES PARA NÓS... 
AÍ VAN!









































lunes, 11 de enero de 2021

ANIVERSARIO EN 1º A


 Hoxe celebramos o día de Noa, cumpliu os 6 anos no Nadal e cos ollos pechados estoupou o último globo do número 6. Falounos da súa boneca Ana, que lle regalaron cando estivo no hospital e leunos un dos seus contos preferidos.

                                         MOITAS FELICIDADES NOA!

viernes, 8 de enero de 2021

ANIVERSARIO EN 1º B

Comezamos o segundo trimestre celebrando o aniversario de Laura que cumpriu sete anos o pasado día dous. Veu cargadiña coas "cousiñas" que nos quería ensinar e das que nos contou moitas cousas. Un agasallo dos Reis Magos, a Barbie color reveal, que cambia de cor se a somerxes na auga, o polbo das emocións reversible para saber como se sente e un dos seus contos preferidos: "Rosa caramelo". Pero do que máis nos falou foi de Skye, a súa cadeliña adoptanimals, á que coida e dá moitos agarimos desde que ten tres aniños. Para rematar o seu día, na hora de ler Laura leunos o seu conto, perfecto para traballar a coeducación.

MOITAS FELICIDADES PARA A MAIOR DA CLASE!



MENU COMEDOR XANEIRO