jueves, 13 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS EN 1ºB

Hoxe na aula tivemos aniversario dobre ..., Nico e Abraham cumpriron sete anos e recibiron os nosos parabéns. Para celebralo, ambos viñeron con "cousiñas". Nico trouxo o seu primeiro Pokemón, "Squirtle", regaloullo o seu curmán e agora son os seus xoguetes preferidos. Tamén nos mostrou a "Dino", un peluche feito coa súa familia ao que lle ten moitísimo agarimo e, un dos agasallos que recibiu anticipadamente, unha figura de acción "Goo Jit Zu" que se estira un montón! Abraham ensinounos unha fotografía de hai uns anos tocando a un golfiño. Contounos que foi nunhas vacacións a Tenerife e o ben que alí o pasou. Logo presentounos a un dos seus peluches preferidos, "Porquiño", que o ten desde pequerrecho e lle fai compañía todas as noites. Tamén quixo compartir con nós un conto de Bob Esponja que lle gusta moito. Finalmente, os dous estouparon con moitas ganas e ilusión o seu globo....... BOOMM!!