lunes, 12 de abril de 2021

ANIVERSARIO EN 1ºB

No super 1ºB hoxe celebramos o aniversario de Emma que onte cumpriu 7 anos. Veu cargadiña de "obxectos" para ensinarnos e tamén chea de emoción. Contounos moitas cousiñas..., entre elas, que ese conto de Peter Pan é o seu preferido, xa que ademais de gustarlle a historia ten crebacabezas e láminas para colorear no seu interior. Tamén trouxo un par de agasallos que recibiu: un diario con contrasinal, no que de seguro vai escribir moito e un vehículo moi orixinal para teleguiar cun mando a distancia. Finalmente ensinounos a facer e decorar pequenos globos co seu "Bubiloon".

PARABÉNS EMMA!


VIAXAMOS AO ESPAZO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO QUE XA VIMOS NA CLASE SOBRE O ESPAZO. 
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.



ANIVERSARIO EN 1ºA

MOITAS FELICIDADES AINHARA!