viernes, 13 de noviembre de 2020

ANIVERSARIO NO SUPER 1ºB

Hoxe de novo celebramos outro aniversario na nosa aula. A protagonista do día, Ángela, para festexalo tróuxonos a súa tartaruga de peluche, da que non se separa ningunha noite, e tamén os seus xoguetes preferidos, os "my little pony". Finalmente, con moita ilusión rebentou o seu globo de 6 anos..., vaia estrondo que fixo!!


FELICIDADES!


jueves, 12 de noviembre de 2020

lunes, 9 de noviembre de 2020

ANIVERSARIO EN 1ºB

Onte foi o aniversario de Iago e hoxe contounos como pasou o seu día especial. Na súa supercaixa trouxo o conto "O fío", o seu preferido, e tamén unha morea de monster trucks hot wheels que é co que máis lle gusta xogar. Para rematar a celebración no cole do seu sexto aniversario estoupou o seu globo...boommmm!!!

PARABÉNS IAGO!